Medio cento de ex ciclistas profesionais participarán na proba de ‘Vellas Glorias’ en Boiro

41

BOIRO> Os mellores exciclistas profesionais de toda España daranse cita este sábado en Boiro para participar no circuíto de Vellas Glorias.

Ciclistas da talla de Perico Degado. Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Blanco Villar, Eladio Jiménez ou Anxo Vidal entre outros participarán este sábado no proba Ciclista Vellas Glorias que se desenvolverá en Boiro.

A proba arrancará ás catro da tarde cunha contrarreloxo individual na avenida da Constitución. A continuación terá lugar a carreira na que participarán ó redor de sesenta ciclistas

A duración aproximada da proba será de tres horas nas que os boirenses poderán disfrutar da elite do ciclismo.