Abre o prazo de inscrición para o preparatorio de acceso ó conservatorio de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira abre o prazo de inscrición para o curso preparatorio de acceso ó conservatorio. Está dirixido a nenos de entre 8 e 14 anos que desenxen inicar estudos oficiais de música de cara ó próximo curso.

O vindeiro 21 de marzo dará comezo o curso preparatorio para a proba de acceso ó conservatorio municipal de Ribeira. Os interesados en inscribirse poden facelo dende hoxe mesmo a través da web do concello. A actividade é gratuíta e estruturarase en tres grupos, cunha sesión semanal ata o 20 de abril.

Os asistentes recibirán formación en distintos eidos como o ritmo, pulso ou psicomotricidade ademais de familiarizarse cos distintos instrumentos.

O número de prazas limítase a 12 por grupo e adxudicaranse por estrita orde de inscricións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí