Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira

MEAÑO> Meaño mellorará a iluminación no Polígono da Pedreira. A actuación beneficiará a un treito de rúa duns 400 metros que nestes momentos carece de alumeado.

A dotación deste servizo conta cunha achega da Xunta, garazas a un programa da Consellería de Industria. O goberno galego achegará o 80% do investimento que aquí se vai facer, que ascende a 46.000 euros.

Esta non é a única achega que a Xunta fixo neste parque industrial de Meaño. Recentemente aquí tamén se levou a cabo a ampliación da rede de saneamento. Nese caso, o investimento foi de 53.000 euros, dos que o goberno galego aportou 43.000.

Esta mañá visitaron a zona o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez.