Lousame beneficiarase dun crédito sen xuros con cargo ó Fondo de Cooperación da Xunta

    LOUSAME> A Conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lousame asinaron esta mañá un convenio para levar a cabo 5 actuacións de conservación no municipio. Suporán un investimento próximo ós 240 mil euros, financiados con cargo ós Fondos de Cooperación da Xunta para concellos de menos de 50 mil habitantes.

    O concello de Lousame acometerá cinco proxectos de mellora de servizos, rehabilitación e eficiencia enerxética con cargo ó Fondo de Cooperación para municipios de menos de 50 mil habitantes da Xunta. Esta mañá, a alcaldesa, Teresa Villaverde, asinaba esta mañá xunto coa Conselleira de Medio Ambiente e Territorio, Ánxeles Vázquez, un convenio por valor de 237 mil euros para financiar estes proxectos.

    Entre eles, destaca a mellora da contorna da igrexa de San Xoán, a rehabilitación dos lavadoiros de Lesende e Meixonfrío e o pavimentado interior dalgúns núcleos. Trátase dun préstamo sen xuros que o concello poderá devolver nun prazo de oito anos.

    Co de Lousame convenio xa son 24 os asinados ó longo deste ano por importe próximo ós cinco millóns e medio de euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí