Os compañeiros de Jealsa despiden a Andrea entre bágoas

BOIRO> As homenaxes e actos de condolencia en memoria de Andrea sucedéronse durante toda a xornada non só en Ribeira senón noutros puntos do Barbanza. Un dos actos máis emotivos tiña lugar ante a fábrica de Jealsa do Bodión, en Boiro, onde traballaba a vítima como operaria de peches.

Con este aplauso, os compañeiros de Andrea despedían á moza que dende hai varios anos formaba parte da cadro de persoal da empresa onde era moi querida polo seu carácter afable.

Ademais de traballadores e directivos da compañía, quixeron sumarse a esta homenaxe diversas autoridades locais, entre os que se atopaba varios membros da corporación e o alcalde Xosé Ramón Romero. 

Durante o acto, no que se sucederon momento de gran dor, unha representante da empresa dou lectura a un manifesto previo ó minuto de silencio en memoria da vítima e solidariedade coa súa familia e achegados.

A concentración tivo lugar tamén de xeito simultáneo ante os centros de oficinas da Baiuca e no exterior da fábrica de Silsoco, convocados pola dirección da empresa que quixo así amosar o seu respecto e cariño pola traballadora que onte mesmo se despedira dos compañeiros tras finalizar a súa quenda co seu habitual sorriso.