Traballadores de Mercadona e de Froiz mobilizaranse esta semana para denunciar as súas situacións

PONTEVEDRA> A CIG prepara mobilizacións neste mes de maio dos traballadores dos supermercados Mercadona e Froiz. Os primeiros concentraranse o mércores 8 de maio ás 11 e media da mañá diante do local da Rúa San Mauro para denunciar represión sindical nos seus centros. No caso de Froiz será unha dobre mobilización, os días 8 e 15, na central de distribucións do Marco. Reclaman a equiparación salarial destes traballadores cos da central de Lourido, en Poio.

A CIG denuncia represión sindical na cadea de supermercados Mercadona.

Aseguran que este sistema deixa aos traballadores indefensos ao non ter prazos para presentar alegacións. Tamén denuncian a presión á que están sometidos co sistema de valoracións individuais para a adxudicación das primas, no que se prexudica especialmente, din, aos empregados que levan máis tempo na empresa.

Ante esta situación, os traballadores mobilizaranse este mércores ás 11 e media da mañá diante do supermercado da rúa San Mauro.

Ese mesmo día tamén está prevista unha concentración de empregados de Froiz, en concreto dos que traballan an central de distribucións do Marco. Reclaman a equiparación salarial cos compañeiros das instalacións de Lourido, en Poio.

A diferenza salarial pode acadar os 200 euros, aínda que realizan o mesmo traballo, cos mesmos horarios e quendas.