Cambados alíase con Valoriza co obxectivo de reducir o gasto do lixo ata a metade

CAMBADOS> O concello de Cambados alíase con valoriza co obxectivo de reducir o gasto da xestión do lixo á metade. A empresa impartirá cursos en centros educativos, deportivos e sociais para concienciar á veciñanza da importancia da reciclaxe. Ademais a vila tamén incrementará nun 1000% a capacidade do contedores de papel e nun 300% a capacidade dos de envases.

O concello de Cambados e a empresa Valoriza alíanse para aumentar a reciclaxe na vila. Ambas partes lanzan unha campaña coa que ensinar a toda a veciñanza a importancia de reciclar e como separar os residuos. Con esta campaña o concello busca o obxectivo de reducir á metade o gasto do lixo.

O concello gasta cada ano máis de 900 mil euros na xestión do lixo. Con esta campaña búscase aforrar a metade dese gasto, o que repercutirá na economía da veciñanza de Cambados. Para iso é importante que a poboación tome conciencia e aprenda a reciclar.

A importancia da reciclaxe radica en converter os residuos en recursos. Unha parte importante deste proxecto é a compostaxe.

Esta campaña refórzase tamén unha aumento na cantidade de contedores de reciclaxe. O concello e Valoriza aumentan nun 1000% a capacidade dos contedores azuis e nun 300% os de envases.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí