Cambados recibe o Plan Especial de Portos e podería desbloquear o proxecto da praza de abastos

CAMBADOS> Despois de 8 anos agardando, Cambados recibe o Plan Especial de Portos de Galicia. O documento, que aínda terá que ser aprobado por Costas e o concello, pode despexar o camiño para poder desenvolver moitos proxectos que estaban paralizados, o máis importante o da praza de abastos. Ademais do plan especial, Portos tamén cede, de maneira temporal, o uso do Salón Peña ao concello para eventos sen ánimo de lucro.

O concello de Cambados levaba 8 anos agardando a que Portos de Galicia lles tramitase o Plan Especial de usos do Porto de Tragove e de San Tomé. Un documento necesario para desbloquear moitos proxectos do concello que estaban paralizados. Despois de moitas reunións, a espera rematou e o concello xa dispón do documento de Portos de Galicia.

Agora o plan debe ser estudado polo concello e enviado a Costas do estado para a súa aprobación, e posteriormente deberá ser aprobado no pleno. Se todos os trámites están en orde, o concello podería poñer en marcha o proxecto da renovación da praza de abastos.

A pesar da ledicia do concello de Cambados, o seguintes trámites tamén poden ter as súas complicacións.

Dentro de estas xustificacións inclúense asuntos como a necesidade de que as empresas depuradoras e conserveiras teñan as súas instalacións a carón do mar. Ademais do Plan Especial, Portos tamén cedeu a Cambados, de maneira temporal, o uso do Salón Peña.

A pesar destas boas novas, o concello de Cambados aínda ten varias reclamacións a Portos de Galicia. Cuestións como o traspaso da titularidade do Salón Peña ou un convenio para compartir os gastos das zonas portuarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí