A Illa segue avanzando na compostaxe co seu quinto centro comunitario

A ILLA> A Illa de Arousa segue avanzando na compostaxe comunitaria. Hoxe inauguraron o seu quinto centro veciñal, no Largartiño. Durante a mañá inslatouse un posto informativo para resolver posibles dúbidas. O Concello anima ós veciños da zona a sumarse á compostaxe. Un xeito, lembran, de autoxestiona-los residuos, darlle unha segunda vida e evita-la súa incineración.

Os veciños da zona achegábanse esta mañá ata este novo composteiro comunitario da Illa. Está instalado no Lagartiño e con el son xa cinco os centros veciñais instalados no concello. Algúns veñen con dúbidas, pero a maioría xa tomou conciencia da importancia de separa-los refugallos orgánicos para darlle unha segunda vida.

Unha práctica ben coñecida xa por boa parte dos veciños da Illa. No municipio hai xa cinco anos que instalaron o seu primeiro composteiro comunitario. Este é xa o quinto.

A xornada de hoxe serviu tamén para explicar ós veciños a importancia de asumi-la xestión dos residuos orgánicos. Un pequeño xesto por parte de todos que permite crear compost con aquilo que ía ser incinerado.

Esta mañá os veciños da zona xa puideron levar para a súa horta compost, como o que a partir de agora se producirá neste novo centro comunitario.