Cambados faise coa titularidade dos 41.000 metros cadrados da zona deportiva do Pombal

CAMBADOS> O Concello de Cambados faise coa titularidade do Pombal. A zona deportiva era ata o momento de Costas do Estado. Estaba en precario dende 2021, o que impedía acometer reformas nas instalacións. Logo de anos de trámites, este martes escenificouse a entrega ao municipio dunha superficie de 41.000 metros cadrados. Trátase da maior adquisión da historia recente de Cambados. A partir de aquí, o concello avanza actuacións de mellora inminentes.

Así define o alcalde cambadés o traspaso da titularidade da zona do Pombal ao concello. Logo de anos de trámites, hoxe culminou a cesión desta área por parte de Costas do Estado ao municipio.

As instalacións deportivas contruíronse no Pombal en base a unha concesión de 1991 e que caducou en 2021. Dende aquela estaba en precario, o que impedía ao concello acometer reformas de calado nestas instalacións. Agora, co último trámite superado, o goberno local avanza actuacións de mellora.

A concelleira de Deportes de Cambados celebra este logro, pensando no beneficio das entidades e clubes deportivos que desenvolven a súa actividade no Pombal.