VILAGARCIA> Vilagarcía adxudica o proxecto de demolición da comandancia marítima. A obra comezará en xaneiro e terá un prazo de execución de dous meses. Unha vez realizada, o concello poderá poñer os terreos a disposición da Xunta para que comecen a construción do novo centro de saúde.
O concello de Vilagarcía continúa cos trámites para poder converter nunha realidade o seu novo centro de saúde. A pesar de que a venda do terreo da comandancia marítima non se fará oficial ata mañá, o concello xa adxudicou o proxecto de demolición do edificio cun orzamento de preto de 150 mil euros.
A compra da parcela farase efectiva mañá trala comisión con portos do estado.
A empresa deberá presentar agora a firma do contrato e o informe de saúde. Unha vez presentada a documentación xa poderá comezar a demolición. A previsión é que os traballos comecen en xaneiro e rematen nun prazo de dous meses. O proxecto inclúe a recuperación do mosaico do edificio.
Unha vez demolido o edificio, o terreo será entregado á xunta para que constrúa o centro de saúde. Un servizo moi necesario para Vilagarcía.
Aínda é cedo para falar dos prazos para a construción do novo centro de saúde, pero dende Vilagarcía sinalan que están dando os pasos correctos e que o novo ambulatorio será dentro de pouco, unha realidade.