O Bus Real xa percorre as rúas de Ribeira

RIBEIRA> O Bus Real xa circula polas rúas de Ribeira. Ademais das viaxes que realizará ó longo destes días, será o encargado de levar ós Reis Magos por tódalas parroquias do municipio o día 5, nas horas previas á Cabalgata.

Os cativos que asisten ós campamentos de conciliación de Ribeira tiveron a honra de ser os primeiros en viaxar no Bus Real. A viaxe, para visitar o Belén de Aguiño, foi a primeira de moitas que realizará o autobús dende hoxe ata  o día 5.

A rotulación do vehículo está inspirada este ano no mar con motivo do 75 aniversario da Festa da Dorna. E precisamente a bordo de dornas farán a súa chegada os reis o día da Cabalgata despois de visitar a tódolos nenos das parroquias a bordo do Bus Real.

Dende autocares Ferrín, empresa responsable do Bus Real, quixeron agradecer ó concello a oportunidade que lle brindan ó poder levar a maxia e a ilusión a tódolos pequenos de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí