A caída dunha fiestra dun baño da praia do Preguntoiro provócalle un corte de 22 centímetros a unha nena

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía arranxa as dúas fiestras da praia do Preguntoiro que provocaron un dano importante nun brazo a unha nena de 14 anos. A caída dun dos cristais provocoulle un corte de 22 centímetros. Dende Vilaxoán denuncian a falta de socorristas e outras deficiencias da praia.

O mal estado das fiestras dos novos baños portátiles da praia de Vilaxoán provocaron un corte importante no brazo dunha nena de 14 anos. Mentres a rapaza estaba na praia, o cristal da fiestra caeu provocándolle un corte no brazo de 22 centímetros.

O cristal caeu enriba dun compañeiro e máis dela provocándolle un golpe na cabeza e o importante corte.

O problema das fiestras que dan á praia xa está arranxado, aínda quedan outras dúas sen cambiar. Os veciños denuncian a falta de socorristas na praia. A rápida intervención dunha enfermeira que se atopaba no areal evitou problemas maiores para Xulia.

Esta non é a única deficiencia que denuncia os veciños de Vilaxoán. Dende Esperta Vilaxoán tamén reclaman que se limpe a praia, se faga un aporte de area e se dote ao Preguntoiro de persoal de emerxencias.

Outras das reclamacións veciñais teñen que ver coa falta de barreiras na praia canina e cos olores do novo paseo de Víctor Pita. A veciñanza pide ao concello que os escoite antes de realizar calquera proxecto en Vilaxoán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí