O deporte e os microplásticos centrarán a IX Xornada de Muller e Ciencia da Pobra

A POBRA> As xornadas de Muller e Ciencia volven achegar ata a Pobra diversas disciplinas científicas dende unha perspectiva de xénero. Desta volta, abordaranse as particularidades das mulleres no deporte e a contaminación por microplásticos.

Dúas destacadas científicas participarán na novena xornada de Muller e Ciencia que se desenvolverá este sábado a partir das seis da tarde no auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra. A primeira en intervir será a doutora en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Cristina López Villar, que abordará a actividade física da muller.

Tomaralle o relevo a doutora en Química Gloria Pena Uris que disertará sobre a importancia dos microplásticos.

O concello pon a disposición das asistencias un obradoiro de conciliación no que poderán deixar ós cativos mentres dure a xornada. Será preciso inscribirse previamente a tavés do departamento de Igualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí