O Plan de Sustentabilidade Turística do Barbanza consolidará á comarca como destino enogastronómico

A POBRA> A Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa presentou esta mañá na Pobra o Plan de Sustentabilidade Turísitca polo que recibirá un millón e medio dos fondos Next Generation. A iniciativa inclúe numerosas actividades para a promoción da comarca como destino enogasatronómico.

Pasado e presente do Barbanza confluirán no Plan de Sustentabilidade Turísitca promovido pola Mancomunidade para explotar o seu enorme potencial enogastronómico.

Inserto Fatima Algunhas das accións enmarcadas neste ambicioso proxecto, beneficiario dunha axuda de millón e medio de euros por parte do Ministerio de Industria, foron presentadas esta mañá nun concorrido acto desenvolvido no auditorio Valle-Inclán da Pobra.

Inserto Miñones

Un museo da salgadura e outro da conserva, aulas enogastronómicas, roteiros ou unha experiencia inmersiva no barrio dos Cataláns a través de realidade aumentada son só unha pequena parte deste plan que empregará a dixitalización e as novas tecnoloxías como un recurso turístico máis

Inserto

Ademais do enorme pulo que supón esta achega con cargo ós fondos Next Generation, os asistentes destacaron a importancia da colaboración público privada coa implicación de numerosos empresarios do sector turístico que contribúen á transformación deste destino para favorecer a súa desestacionalización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí