NOIA> O concello de Noia dispón dun novo espazo para práctica do deporte. Trátase da nova pista multideportiva do colexio de Bergondo que supuxo un investimento de 100 mil euros, financiados pola Consellería de Educación e o concello.
Xa está en servizo a nova pista deportiva do colexio Felipe de Castro, en Bergondo. Ademais de complementar as instalacións do centro educativo, poderá ser utilizada por outros usuarios fóra do horario lectivo.
Este novo espazo permitirá a práctica de múltiples disciplinas deportivas tanto en horario diurno como nocturno posto que dispón de alumeado ó longo do seu perímetro.
A instalación da pista foi posible grazas a unha axuda de 60 mil euros da Consellería de Educación. O concello achegou ós 40 mil restantes.