NOIA> O concello de Noia acollerá por terceiro ano unha proba da Copa Galicia de Resistencia na modalidade BTT. Este ano, cambia o circuíto á zona da Barquiña e incorpórase por primeira vez a categoría de cadetes que realizarán un percorrido de hora e media.
Trescentos participantes daranse cita na proba de tres horas de resistencia de BTT que se celebrará en Noia o domingo día 22 de xaneiro. O circuíto, de 5 quilómetros, desprazarase este ano ata a zona da Barquiña e os inscritos poderán participar de xeito individual ou por parellas.
Dende a Federación agradecer a implicación do club ciclista Toxo e o concello de Noia por organizar eventos deste tipo que elevan o interese polo ciclismo ó máximo nivel.
Os interesados en inscribirse xa poden facelo a través da web da Federación Galega de Ciclismo. A cota será de balde para junior e cadete e de 15 euros para o resto das categorías.