RIANXO> Rianxo en Común volve a insistir nunha proposta xa presentada o pasado ano ó goberno municipal para que se instale unha cuberta na pista polideportiva do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro con cargo ós fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2023, na que o Concello lle corresponderían ó redor duns 450 mil euros.
Dende Rianxo en Común sinalan que a actuación viría a dar resposta a unha vella demanda dos propios veciños desta parroquia que precisan dun espazo cuberto para poder desenvolver nel ó longo de todo o ano determinados actos culturais ou de ocio, sen temor ás condicións metereolóxicas.