Traballadores de Ence concéntranse contra a Lei do Cambio Climático: “esto es una muerte industrial”

PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence volveron a saír hoxe a rúa para manifestar o seu rexeitamento a un artigo da Lei do Cambio Climático. A concentración tivo lugar fronte á Deputación de Pontevedra e nela participaron máis dun centenar de persoas.

Máis dun centenar de traballadores de Ence concéntraronse hoxe fronte á Deputación de Pontevedra para manifestar o seu rexeitamento ao artigo 18 da Lei de Cambio Climático. Todos eles quixeron deixar claro ao PSOE que a fábrica de Lourizán non se pecha.

Máis de 5.000 familias poderían verse afectadas no caso de que Ence tivera que pechar as súas portas. Algo que non están dispostos a permitir.

Os traballadores da pasteira están en pé de guerra e non pararán ata que se anule o artigo 18 da Lei do Cambio Climático. De feito, os operarios volverán a manifestarse o próximo venres en Pontevedra e piden a colaboración de todas as persoas afectadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí