Enogastronomía e sostibilidade: apostas de Galicia para a súa oferta turística en Fitur

MADRID> Galicia preséntase en Fitur como un viaxe enogastronómico e sostíbel. Dende este mércores, ata o venres, no stand galego terán lugar diferentes presentacións e catas para promocionar os produtos galegos con indicativo de calidade. As paisaxes naturais, as sendas sostibles e os trens turísticos son a outra pata da promoción da comunidade en Madrid, destacando no seu decorado unhas vías do tren que nos levan a través dunha parede a Galicia, representando a chegada do Ave.

Galicia regresou a Fitur neste 2023 centrando a súa presencia en Ifema na gastronomía e na sustentabilidade do seu destino. A longo de 3 días, no stand galego terán lugar máis de 50 presentacións para poñer en valor os produtos autonómicos con indicativo de calidade.

Ademais da presentacións, as catas serán o mellor exemplo para poder degustar os produtos galegos.

As paisaxes naturais, as sendas sostibles e os trens turísticos son a outra pata da promoción da comunidade en Madrid, destacando no seu decorado unhas vías do tren que nos levan a través dunha parede a Galicia, representando a chegada do ave.

As expectativas da Xunta en Fitur son moi altas, especialmente tras pechar un ano xacobeo no que se superaron os 6 millóns de visitantes e se con máis de 430 mil compostelanas repartidas.

Facendo honra ao seu lema, a comunidade mantén o decorado do ano pasado, seguindo o modelo das catro erres: Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar. En total serán 3 días para mostrar Galicia aos diferentes sectores profesionais dedicados ao turismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí