NOIA> O concello de Noia acometerá unha senda peonil entre Río do Porto e o lugar de Carracido na Barquiña. A actuación complementarase coa instalación de colectores de saneamento para rematar cos problemas de vertido que rexistraba a zona.
Tras acometer os labores de limpeza e reafirmado de noiros, o concello de Noia traballa na habilitación dunha senda peonil entre o Río do porto e a Barquiña que dá continuidade ó paseo que conecta coa zona de Abruñeiras.
Ademais da mellora da accesibilidade, a actuación contempla a instalación de colectores de saneamento para corrixir os problemas de vertido detectados na zona.
Estas obras súmanse ó investimento de tres millóns de euros previstos pola Xunta para a mellora e ampliación da depuradora de Noia.