Os emigrantes retornados denuncian novas multas de Facenda

RIBEIRA> Os emigrantes retornados do Barbanza volveron manifestarse en Ribeira. Denuncian que Facenda está a proceder novamente á notificación de multas polos retrasos na declaración do IRPF.

Aínda que menos que de costume, os emigrantes retornados do Barbanza seguen a tomar as rúas de Ribeira o último mércores de cada mes. Con esta protesta pretenden manter viva a súa reclamación en momentos clave como este no que a administración está a impoñer novamente sancións polas demoras na presentación da declaración.

Outra das novidades neste longo proceso reside en que se comezan a recoñecer as situacións de invalidez. Sen embargo, polo momento, non se están a desenvolver as contías cobradas antes de certificarse esta condición.

A pesar destes avances son moitos os pensionistas que permanecen aínda envoltos en procedementos xudiciais para lograr que lles devolvan o que lle cobraron inxustamente.