O obradoiro de artes plásticas de Ribeira xirará en torno ó mar

RIBEIRA> Vinte e tres alumnos participan nesta nova edición do obradoiro de Artes Plásticas que vén de poñer en marcha o concello de Ribeira. Algúns iniciaranse nas técnicas do debuxo e a pintura mentres que outros, os que repiten, perfeccionaran o aprendido en anteriores edicións. O tema central desta edición será o mar. Con este motivo elaboraranse dous muráis de gran tamaño que, unha vez clausurado o obradoiro, colocaranse no mercado municipal. As clases desenvolveranse tódolos martes e xoves en horario de once a unha ata o remate do curso en xuño.