Ribeira conmemora o Día Internacional da Discapacidade

RIBEIRA>O alcalde de Ribeira recibiu na casa consistorial ós representantes das asociacións AMBAR AMICOS e A Creba co gallo da celebración do Día Internacional da Discapacidade. O concello pretende así recoñecer o importante labor destas entidades no ámbito da diversidade funcional durante todo o ano.

Aínda que hoxe se conmemora o Día Internacional da Discapacidade, é deber da sociedade recoñecer durante todo o ano o labor que realizan as entidades que traballan con persoas con diversidade funcional. Así o entendeu o concello de Ribeira que quixo brindarlles unha recepcións ós representantes de AMBAR, AMICOS e A Creba.

Os responsables das tres entidades sociais quixeron poñer de manifesto as dificultades que supuxo a covid para desenvolver o seu traballo nos meses máis duros de confinamento, cando as familias tiveron que asumir as tarefas que habitaulmente se realizan nos centros de educación especial.

Por último, Carolina, unha usuaria de AMICOS, procedeu á lectura dun manifesto co que deu voz a tódalas persoas con diversidade funcional que tan só reclaman un trato igualitario por parte da sociedade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí