PONTEVEDRA> Este ano haberá avances importantes no proxecto da futura Vía Verde que unirá Pontevedra e Arcade. Segundo anunciou hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra, antes de que remate este 2026 farase entrega do estudo de viabilidade e da proposta de trazado. Luis López visitou hoxe o terreo xunto co director de Ferrocarriles Españoles.
Técnicos de Ferrocarriles Españoles percorren estes días o treito ferroviario entre Pontevedra e Arcade. Un trazado en desuso que permitirá deseñar a futura Vía Verde entre as dúas localidades.
Hoxe o presidente da Deputación de Pontevedra participou tamén nunha destas visitas. Luis López adiantou que o proxecto terá importantes avances este ano. Está prevista a entrega do estudo de viabilidade e da proposta de trazado.
A visita desta mañá serviu para analizar toda a contorna do treito da antiga vía do tren entre Pontevedra e Arcade. Un percorrido que conta con diversas particularidades porque ao carón da vía antiga discorre a nova vía de alta velocidade, hai zonas de túnel e tamén pontes, polo que é preciso un análise en profundidade para atopar solucións e deseñar un percorrido viable.
López puxo tamén en valor a colaboración do Adif para que esta Vía Verde sexa unha realidade.De feito xa está acordada a cesión dos terreos por un período inicial de dez anos despois dunha reunión en Madrid entre o presidente e responsables do Administrador Ferroviario que se plasmará proximamente nun convenio.











