PONTEVEDRA> Juan José Díaz xa é o novo responsable da comisaría provincial da Policía Nacional de Pontevedra. Esta mañá tomou posesión do seu cargo, nun acto no que se comprometeu a poñe-lo foco na loita contra a violencia de xénero ou a ciberdelincuencia. O novo comisario tamén marcou como unha prioridade contar con máis presenza policial nas rúas.
Así tomaba posesión do seu cargo esta mañá Juan José Díaz. El é xa o novo responsable da comisaría provincial da Policía Nacional de Pontevedra. Un cargo que, de xeito provisional, ocupaba dende había seis meses, dende o cese de Estíbaliz Palma. Díaz marcou como prioritario incrementa-la presencia policial na rúa. Tamén se comprometeu a poñe-lo foco na loita contra a vioilencia de xérero e a ciberdelincuencia.
Ao acto desta mañá, na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, asistiu o xefe superior da Policía en Galicia. Logo de entregarlle o bastón de mando ao comisario, Ramón Gómez Nieto destacou del dous rasgos: a súa vocación de liderado e o gran coñecemento da provincia.
Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Pontevedra trasladoulle o apoio do executivo central para desenvolve-las súas responsabilidades.
Á toma de posesión, tamén asistiron os alcaldes de Pontevedra e Marín ou o director xeral de Emerxencias da Xunta.