Meis presume dos seus ‘Meisinos e meisinas do ano’

MEIS> Meis volveu presumir de veciños, a través da súa gala Meisinos e Meisinas do Ano. Con estes galardóns, o concello quere resaltar algunhas das personaxes e entidades que destacan pola súa contribución á vila. Este ano, entre os premiados, o escultor Lucas Míguez, o bailarín Breogán Pérez ou o cura José Souto Míguez. No eido colectivo, entre os recoñecidos este ano, o CPI do Mosteiro, polo seu medio século de vida.

O Concello de Meis volve recoñer aos seus veciños máis destacados. Na terceira edición dos premios Meisinos e Meisinas do Ano, a escolma de galardoados foi do máis variopinta. A nivel colectivo, foron recoñecidos a asociación de mulleres rarais Os Pazos e o club ciclista Armenteira e Punto.  Tamén o CPI do Mosteiro, un centro que festexa o seu médico século de vida e por onde pasaron a maioría dos veciños e veciñas do municipio.

Na categoría individual,  houbo premio para César Rodiño Maquieira, director deportivo da escola de fútbol CD Mosteiro. Tamén moito peso para as artes. O escultor Lucas Míguez foi un dos premiados.

Tamén moi presente o apartado musical, e non só polas actuacións en directo. Houbo tamén premios para o bailarín Breogán Pérez, e os músicos Manuel Conde e Casiano Mouriño.

O palmarés completouse co galardón que recibiu o sacerdote José Souto Míguez, que ademais de agradece-lo premio, amosaba a súa ledicia porque en breve vai ser tamén recoñecido cunha rúa.

A sorpresa da noite chegou cun premio a Marina Otero, un recoñecemento que non estaba anunciado.

A gala estivo conducida polo xornalista Terio Carrera, coa actuacións da Banda da Vertula, As Lembranzas e Raúl&Cía, así como animación e zancudos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí