Gran resposta dos ususarios da piscina de Cambados á campaña solidaria de recollida de alimentos

CAMBADOS> A piscina de Cambados recada un importante lote de produtos non perecedoiros para ceder aos servizos sociais da vila. A empresa concesionaria das instalacións organizou unha campaña de recollida entre os seus usuarios que superou todas as expectativas. Os servizos sociais entregarán agora estes alimentos ás familias máis necesitadas da vila.

Os usuarios da piscina de Cambados mostran a súa cara máis solidaria. A empresa que xestionar o servizo, Beone Acuafit, organizou unha campaña de recollida de alimentos cuxo resultado foi moi positivo. Os usuarios realizaron numerosas doazóns que irán destinadas aos servizos sociais de Cambados.

Unha vez entregados, os servizos sociais repartirán os alimentos entre as familias máis necesitadas da vila.

Para poder atender a estas máis de 52 familias, o concello e outras entidades realizaron numerosas campañas de doazón durante estas datas.

A pesar do bo resultado, a campaña da piscina municipal aínda non rematou. Os usuarios, ou os interesados en doar alimentos, aínda poderán facelo ata o xoves 5.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí