O BNG leva ó Parlamento a escaseza de médicos no Hospital da Barbanza

BARBANZA> O BNG recolle tamén o malestar do persoal médico do hospital da Barbanza que hai uns días denunciaba un déficit de catro facultativos en urxencias, o que está a provocar unha sobrecarga nos profesionais e unha demora na asistencia ós doentes.

A esta situación súmase tamén o deterioro da Atención Primaria, con centros de saúde pechados ou con baixas de persoal, o que deriva nun aumento no número de asistencias no centro hospitalario.

Denuncian que dende 2019 non se produciu incremento algún no seu cadro de traballadores, polo que lle esixen a Xunta que destine máis recursos e persoal.

Dende o BNG fan unha chamada tamén a mobilizarse o vindeiro domingo 12 de febreiro en Santiago na defensa da sanidade pública galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí