A POBRA> O concello da Pobra ofrece esta Semana Santa numerosos actividades para complementar a habitual oferta turística do municipio. Visitas guiadas ós principais recursos naturais e patrimoniais, unha exposición e un obradoiro de marisqueo compoñen as principais propostas para as datas festivas.
Como cada ano, o departamento de Turismo da Pobra intensifica a súa oferta para a Semana Santa ante o gran número de visitantes que acoden ó municipio nestas datas.
Unha das citas xa habituais será o obradoiro de marisqueo impartido polas mariscadoras de Mar da Pobra que se celebrará o mércores 27 de marzo. O xoves e venres santo, a casa mariñeira acollerá unha exposición de camelias polo que fan un chamamento á veciñanza a participar aportando os seus propios exemplares.
No apartado de visitas guiadas haberá dous o sábado: pola mañá unha ruta polas piscinas do río Pedras e pola tarde un percorrido patrimonial pola Capela da Alba e a Torre de Bermúdez.
Ó longo de toda a semana, a oficina de turismo ampliará o seu horario, de mañá e tarde, para atender as consultas dos visitantes.









