As pescudas iniciais non revelan indicios da descarga dun alixo nas praias de Ribeira

RIBEIRA> Continúa a investigación ó respecto da aparición das dúas lanchas nas praias do Vilar e Espiñeirido. As primeiras pescudas non apuntan a que se producise unha descarga recente de droga.

A aparición de dúas narcolanchas nos areais do Vilar e Espiñeirido, en Ribeira xerou unha grande expectación e dou pé a todo tipo de hipóteses sobre o acontecido antes do abandono das embarcacións. Se ben polas súas características etsá claro que estas planeadoras son utilizadas para o transporte de droga, a investigación non puido determinar que se realizara unha descarga de droga nas praias ribeirenses.

A inspección ocular da zona revela que apenas había pegadas na area malia que habitualmente nas descargas de alixos soen intervir moitas persoas. Tampouco había restos de redes ou outros materiais para atar os fardos.

Á espera de que conclúa a investigación e se poidan esclarecer as circunstancias que rodearon este suceso, o alcalde de Ribeira lamenta que novamente se sitúe a costa galega como punto de entrada de droga á península.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí