O paso da borrasca Álex apenas deixou incidencias no Barbanza

BARBANZA> O paso da borrasca Álex esta pasada noite deixou apenas un par de incidencias na comarca do Barbanza. Algún que outro contedor caído e tamén algunha árbore, pero sen maiores consecuencias. Unha das máis significativas producíase en Boiro, nun edificio da rúa Principal.

Ata alí tiveron que desprazarse efectivos dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira para retirar unha persiana dunha fiestra que acabou desprendéndose a causa do vento.

Ó tratarse dun quinto piso, os equipos de emerxencias tiveron que empregar a autoescada para poder acceder ata a fachada do inmoble e retirar os restos da persiana. No operativo tamén colaborou a Policía Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí