RIBEIRA> Nas próximas semanas, unha vez obtido o respaldo unánime da corporación provincial, asinarase o convenio entre a Deputación da Coruña e o concello de Ribeira.
O orzamento necesario ascende a uns 375 mil euros, dos que o 80% serán sufragados polo ente provincial, e a cantidade restante asumida con cargo ás arcas municipais.
A nova foi valorada de xeito satisfactorio polo alcalde, Manuel Ruíz, xa que permitirá poder facer fronte ó financiamento do equipamento escénico do novo auditorio municipal.
Aproveitou ademais a ocasión para responderlle ó BNG pola denuncia sobre os sobrecustes da actuación, acusándoos de querer facer demagoxia con esta obra.
Ruíz foi máis alá e pregúntalle ós nacionalistas se a obra se axusta ou non ás necesidades actuais do municipio.