Cambados realiza a lectura do manifesto do 8m co alumnado do Cabanillas para concienciar á mocidade

CAMBADOS> Os concellos do Salnés reivindican a igualdade entre homes e mulleres. A maioría das vilas leron o manifesto da Fegamp, que estivo centrado en erradicar a violencia sexual, sinalando con preocupación o aumento de consumo de porno entre a mocidade. Precisamente para concienciar sobre esta loita estiveron presentes no acto  estudantes da vila. As nenas que participaron recoñecen que nos seus centros teñen escoitado comentarios machistas como que nove de cada dez denuncias de violencia de xénero son falsas ou que as mulleres teñen que traballar na cociña. Comentarios preocupantes que nos levan a outra época.

A choiva deste 8 de marzo non evitou que os concellos do Salnés reivindicasen a igualade total entre homes e mulleres. No caso de Cambados, a tradicional lectura do manifesto tivo lugar finalmente no salón de plenos. A vila leu o manifesto da Fegamp centra na loita contra a violencia sexual.

Para loitar pola igualdade é fundamental a presenza dos máis novos.

A pesar de toda as campañas, as rapazas que participaron no acto aseguraron que nos seus centros teñen escoitado comentarios machistas.

Advirten que conta co apoio do profesorado, pero consideran que reivindicacións como as do 8m son fundamentais para loitar contra o machismo.

Dentro da loita contra o machismo, o concello tamén ten exposto no salón de plenos a mostra ‘non somos números’ da asociación esmar. Unha exposición que amosa de primeira man a violencia machista.

Por mor da choiva, o concello de Cambados tivo que aprazar moitos dos actos que tiña previstos. As actividades adiadas realizaranse ao longo dos seguintes meses dentro da ampla programación para conmemorar o 8m.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí