Ribeira amplía o seu programa de dinamización social para maiores

RIBEIRA> O departamento de Servizos Sociais de Ribeira presentou o prorgama de dinamización social para persoas maiores. Inclúe importantes novidades como os cursos de musicoterapia, poda ou autocoidado da imaxe persoal.

Ás accións que xa se estaban a desenvovler véñense sumar numerosos cursos que amplía o programa de dinamización social dos maiores de Ribeira. Como novidades destacan o obradoiro de musicoterapia impartido pola soprano Esperanza Mara, o curso de poda a cargo de Carmen Freire ou o taller de autocoidado da imaxe persoal do que xa se realizou unha experiencia piloto con gran acollida.

A demanda dos usuarios levou ó concello a programar tamén un curso de patchwork que se impartirá nas aulas da rúa Cristóbal Colón tódolos luns entre o 3 de abril e o 26 de xuño. Como en anos anteriores, o concello desenvolverá tamén diversas accións formativas en colaboración coa Escola Galega de Saúde entre os que destacan dous obradoiros de primeiros auxilios.

Os interesados en obter máis información sobre datas e lugares de celebración posto que se desenvolverán en tódalas parroquias deben dirixirse ó departamento de Servizos Sociais, onde tamén poderán inscribirse nas actividades que desexen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí