Máis de 30 rapaces participarán este sábado no Campionato Provincial de Patinaxe en Ribeira

RIBEIRA> O pavillón polideportivo de Sirves acollerá este sábado o Campionato Provincial de Patinaxe para as categorías de benxamín a infantil. A cita está organizada polo Club de Patinaxe de Ribeira en colaboración co concello.

33 patinadores daranse cita este sábado no pavillón de Sirves, en Ribeira, para participar no Campìonato Provincial de Patinaxe.

A cita está organizado polo Club de Patinaxe de Ribeira coa colaboración do concello de Ribeira, dende que animan a tódolos veciños a acudir a esta cita deportiva.

As competicións darán comezo ás dez da mañá. Haberá unha entrega de premios a mediodía para os competidores de mañá e outra, ás oito, como peche da xornada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí