NOIA> Para a Marea non se entenden as razóns polas que, despois de tres anos, o equipo de goberno non foi quen de poñen en marcha a depuradora municipal, construída en Pontenafonso. Unha actuación que supuxo un investimento duns 70 mil euros.
Para o voceiro desta formación, Manolo Seijas, este é un exemplo máis da nula capacidade deste goberno para acometer as xestións do día a día.
Seijas tamén criticou a falla de compromiso do goberno liderado por Santiago Freire co medioambiente.