A veciñanza de Vilaxoán xa goza coa renovada rúa Sobrán

VILAGARCÍA> A veciñanza de Vilaxoán goza xa da renovada rúa de Sobrán. A zona goza conta agora cunha boa estrada e con beirarrúas, o que mellorará a seguridade dos peóns. As obras da deputación, que tiveron un orzamento de preto de 600 mil euros, tamén permitiron renovar servizos de canalizacións.

Así era a rúa de Sobrán hai uns meses e así loce na actualidade. A veciñanza de Vilaxoán xa pode gozar dunha rúa totalmente renovada. A deputación de Pontevedra investiu preto de 600 mil euros, a través do plan concellos, para actuar nun tramo de máis de 500 metros. A rúa conta agora cunha estrada empedrada e con beirarrúas, mellorando a seguridade dos peóns, especialmente importante nunha zona onde se atopa a igrexa de San Martín de Sobrán.

A actuación non só renovou a rúa por completo, se non que tamén actuou no seu sistema de canalizacións separando as redes e quedando preparada para posibles intervencións futuras.

Dende o concello destacaron as actuación que se levaron a cabo en Vilaxoán e concretamente en Faxilde, como as melloras de rutas, sendeiros e redes de canalizacións. Pola súa parte, a veciñanza que pasou pola zona valorou de forma moi positiva a reforma, especialmente importante ao realizarse na contorna da igrexa. Tamén aproveitaron para pedir que se faga un acceso para cadeira de rodas ao templo vilaxoanés.