RIANXO> Non son demandas novas senón que se enmarcan na reivindicación global da Plataforma en Defensa da sanidade Pública para mellorar a atención primaria en toda Galicia, Concretamente, no concello de Rianxo insisten na necesidade de incorporar un segundo pediatra así como a apertura do PAC en quenda de tarde.
No que respecta ó centro de saúde de Taragoña, o concello está a traballar nun proxecto de mellora para a construción de baños adaptados e a instalación dun sistema de calefacción.
Agardan que, unha vez acometidas as melloras, o SERGAS reabra o consultorio da parroquia para evitar que os veciños teñan que desprazarse ata Rianxo para recibir asistencia sanitaria.