PONTEVEDRA> A proliferación de parques eólicos na contorna do municipio de Pontevedra preocupa ao concello. O goberno local céntrase agora na instalación proxectada para o monte Acibal. Temen que a súa cercanía ao encoro do Pontillón poida afectar á auga desta instalación, que abastece a Pontevedra e a outros catro concellos. Por iso xa socilitaron un informe urxente a Augas de Galicia.
Pontevedra está preocupada polo impacto que o parque eólico de Acibal pode ter no encoro do Pontillón. O concello xa solicitou un informe urxente a Augas de Galicia.
Non só preocupa o impacto que pode ter o parque unha vez rematado. Tamén desconfían dende o concello de Pontevedra de posibles complicacións que poden aparecer durante a súa construción.
Gulías recordou que o encoro do Pontillón subministra auga potable a Pontevedra e as municipios de Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo. A edil insistiu en que o goberno local aposta polas enerxías renovables, pero censurou a política actual da Xunta.
Ademais deste do Acibal, na contorna de Pontevedra instalaranse dous parques eólicos máis: o de Zudreiro e o de Anduriña, que afecta a unha zona da Fracha.