Vilagarcía presenta a proposta de humanización da N 640A dende o Ciprés ata a Praza da Constitución

VILAGARCIA> Vilagarcía e o Ministerio de Transportes presentan a proposta de humanización da N – 640 A. A intención é aumentar as estradas e crear carrís de bicicletas nun tramo de 5 quilómetros, dende o hotel Ciprés ata a Praza da Constitución. O orzamento do proxecto será de 6 millóns de euros.

Vilagarcía e o Ministerio de Transportes levan meses colaborando para crear o anteproxecto de humanización da N – 640 A. Ambas administracións acadaron unha proposta en común para mellorar a accesibilidade e a seguridade en dita estrada. O obxectivo é humanizar e integrar na cidade un dos principais acceso a Vilagarcía.

Con esta proposta actuarase sobre un tramo de máis de cinco quilómetros, dende o hotel Ciprés ata a praza da Segunda República. Esta intervención permitirá ampliaras as beirarrúas, crear carrís bici e facer máis accesible a entrada a Vilagarcía.

A intervención permitirá mellorar accesibilidade ao instituto Castro Alobre e crear unha rotonda na estrada ao seu paso por Rubiáns.

Unha vez que o proxecto sexa unha realidade e se executen as obras, a estrada pasará a ser de propiedade municipal, o que permitirá a Vilagarcía continuar co seu plan xeral.

O orzamento destinado para esta obra será de 6 millóns de euros. O primeiro prazo que ten por diante é a elaboración do proxecto durante o segundo semestre do ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí