A AECC convídanos a ‘mover o cú’ pola prevención e detección precoz do cancro de colon

PONTEVEDRA> ‘Move o cú’. É o directo lema co que a Asociación Española Contra o Cancro quere concienciarnos sobre a importancia da prevención do cancro de colon. Hoxe é o Día Mundial e a asociación instalou varias mesas pola rúa para informar á veciñanza sobre esta enfermidade e o programa de cribado que ofrece o Servizo Galego de Saúde. O de colon é o cancro con maior incidencia en Galicia. O ano pasado rexistráronse case 3.000 casos novos dos que 937 foron na provincia de Pontevedra.

O cancro de colon é o que ten maior incidencia en Galicia. O ano pasado rexistráronse case 3.000 novos casos. 937 na provincia de Pontevedra. Hoxe, Día Mundial para a prevención desta enfermidade, a Asociación Española contra o Cancro saíu á rúa.

‘Move o cú’ é o lema directo co que buscan concienciar á cidadanía nesta nova campaña. Porque é importante manter hábitos de vida saudables, pero tamén participar no cribado do Servizo Galego Saúde para persoas de 50 a 69 anos. Só o 45% da poboación diana fai o test.

A proba é gratuíta e sinxela de facer. Ademais, chega directamente ás casas dos usuarios da sanidade pública. Dende a asociación destacan a súa importancia e advirten: o cancro de colon é unha enfermidade silenciosa.

Outros usuarios aseguran que non a fan porque non a reciben. De aí que sexa fundamental ter actualizada a dirección nas bases do Servizo Galego de Saúde. En canto ás presoas que teñen seguro privado ou mutuas, dende a asociación recomendan ir ao médico e solicitar directamente a proba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí