VALGA> O Concello de Valga defende as súas Comisións de Coordinación e o cobro de dietas por parte do secretario e do interventor. Logo de que o Consello de Contas amosase as súas dúbidas, o alcalde apunta que varias sentenzas xudiciais desminten as supostas irregularidades que se recollen nun informo dese organismo consultivo. Bello Maneiro defende que as Comisións de Coordinación seguirán existindo en Valga. Di que as acusacións da oposición son “manifestamente falsas” e pídelles que rectifiquen e pidan perdón.
Logo de que o Consello de Contas preguntase ao Concello de Valga polas súas Comisións de Coordinación e o cobro de dietas por parte do secretario e do interventor, o goberno local reitera a súa legalidade. O alcalde defende que varias sentenzas xudiciais desminten as supostas irregularidads que se recollen no informe emitido por ese organismo consultivo.
Bello Maneiro avanza que esas Comisións se van seguir celebrando en Valga
O PSOE, que foi quen trasladou este asunto ao Consello de Contas apunta que ese organismo di que hai moitos motivos para investigar eses pagos. Unhas acusacións que comparten tamén Valga Viva e o BNG. O alcalde popular di que son “manifestamente falsas”. Pídelles a estas tres formacións que cesen no que el cualifica “persecución” e pidan perdón.
Bello Maneiro vai máis alá e avanza que estudan emprender accións legais.
O popular lembrou que as Comisións de Coordinación creáronse en Valga no ano 1991, daquela co voto a favor do PSOE. Apunta tamén que dende aquela contaron coa supervisión de seis secretarios e cinco interventores sen que ningún puxera reparos. Dende o goberno local engaden tamén que no Pleno celebrado en xuño do 2011, a constitución das comisións foi aprobada por uninimidade, naquel momento cos votos a favor de PP, PSOE e BNG.