Moldes propón á Xunta converter a antiga escola de Campelo nun centro de día

POIO> En Poio, a campaña do Partido Popular contou hoxe co apoio da Conselleira de Política Social. O candidato Ángel Moldes visitou con Fabiola García as instalacións da antiga escola infantil de Campelo. A proposta de Moldes pasa por convertela nun centro de día para a terceira idade.

O Partido Popular de Poio aposta por converter a antiga escola infantil de Campelo nun centro de día para a terceira idade.

Nesta quinta xornada de campaña Moldes trasladou a súa proposta á Conselleira de Política Social. O alcaldable popular asegurou que cuestións relativas á xestión do centro poden debatirse nun futuro pero que este é o momento idóneo para facer o investimento.

Fabiola García recordou que o concello de Poio non optou no seu momento á liña de 18 millóns de euros aberta dende a Xunta de Galicia para financiar a construción de novos centros de servizos sociais. Así as cousas, celebrou a proposta do candidato do Partido Popular.

A conselleira sinalou tamén a necesidade de mellorar a xestión do Servizo de Axuda no Fogar, dependente do concello. Destacou que a día de hoxe hai 85 veciños en Poio en lista de agarda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí