O goberno central ofrece cursos en Valga para ensinar á veciñanza a facer xestións telemáticas

VALGA> O programa ‘A Administración preto de ti’ chega tamén ao concello de Valga. Trátase dun proxecto do goberno central que busca ensinar á veciñanza a facer trámites a través da internet. Entre os trámites que se ensinarán a facer grazas a esta iniciativa, xestións coa Seguridade Social, dúbidas sobre pensións ou trámites xerais como o certificado electrónico ou o DNI.

Valga súmase aos concellos da provincia de Pontevedra que se benefician do programa ‘A Administración preto de ti’ do goberno central. A iniciativa inclúe actividades pensadas en especial para persoas maiores ou que descoñecen o funcionamento da administración electrónica.

Esta mañá un primeiro grupo, no que tamén participou persoal municipal, recibiu  formación  sobre diferentes trámites que a veciñanza pode precisar resolver a través da administración electrónica. A continuación, no marco deste programa, o concello acollerá diferentes accións formativas para achegar á poboación ferramentas para poder realizar trámites a través da internet.

Ademais de favorecer o acceso da poboación a xestión a través da administración electrónica, o programa busca incidir na prevención de estafas e outras actividades delictivas que afecta, en especial, aos máis maiores. Unha das partes que máis valoran dende o concello de Valga.

Por iso hoxe, ademais de funcionarado na xornada participou un representante da Garda Civil.