A Deputación da Coruña aproba o primeiro Plan Estratéxico de Estradas da Provincia

BARBANZA> A Deputación da Coruña aproba o primeiro Plan Estratéxico de Estradas da Provincia. Está dotado con 210 millóns de euros destinados a mellorar e modernizar as máis de 400 vías de titularidade provincial.

No transcurso do pleno ordinario celebrado este mediodía, a corporación provincial aprobou o primeiro Plan Estratéxico de Estradas que contará cun investimento de 210 millóns de euros ata 2029. Trátase dun instrumento pioneiro para planificar e modernizar a rede de estradas provinciais conformada por 421 vías e máis de dous mil quilómetros de lonxitude.

Dado o alto volume de tráfico que soportan, con máis de 400 mil vehículos diarios, un dos principais obxectivos do plan é incrementar a seguridade tanto do tránsito rodado como peonil así como mellorar a conservación das vías, apoiar o desenvolvemento do rural, mellorar a infraestrutura para o transporte público e incorporar as novas tecnoloxías á xestión da rede viaria.

O plan, cunha vixencia de 5 anos, parte dunha radiografía da situación actual e establece varios eixos de acción. Un deles baséase na necesidade de racionalizar a rede viaria xa que 239 estradas transcorren por un só concello e máis dun terzo teñen unha lonxitude inferior a un quilómetros.

A Deputación xestionan numerosos treitos de estrada que na práctica funcionan como rúas nos centros urbanos, polo que son susceptibles de ser transferidas ós concellos. Algo similar acontece cos tramos que conectan vías autonómicas ou enlazan con outra provincias que deberían ser competencia da Xunta.

Outro dos obxectivos é a transformación dixital mediante sistemas de intelixencia artificial que permitan diminuñir os erros de deseño e coordinación das obras así como aumentar a información dispoñible para acondicionar as estradas en función do seu uso e estado real.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí