A POBRA> Xorde na Pobra un novo partido que ampliará o espectro político de cara ás municipais do próximo ano. Trátase de Veciños Independentes da Pobra, integrado principalmente por xente moza con Eloy Sobrido á cabeza.
Este luns presentábase no auditorio Valle-Inclán da Pobra unha nova formación política xurdida no municipio. Trátase de Veciños Independentes da Pobra que nace coa intención de ofrecer unha alternativa ós pobrenses descontentos coas actuais opcións presentes na vida municipal.
Malia que non se presentou ata agora, o partido está rexistrado dende o 2020. Ó longo destes dous anos, ademais de perfilar a estrutura interna da formación, traballaron xa presentado iniciativas tanto no concello como ante o valedor do Pobo sobre asuntos de índole municipal como o peche da piscina.
Este novo equipo, capitaneado por Eloy Sobrido, traballa agora na elaboración dun programa realista e co que os veciños se sintan identificados para concorrer ás eleccións municipais de 2023.