A Federación Galega de Confrarías ratifica o recurso contra a apertura de novas zonas para a mexilla

RIBEIRA> A Federación Galega de Confrarías recorrerá a autorización das novas zonas de extracción de mexilla. Así o acordou a xunta xeral na que tamén se decidiu convocar unha manifestación en Santiago para o sábado 15 de abril.

A xunta xeral de Federación Galega de Confrarías ratificou a interposición dun recurso ante a Consellería do Mar contra as resolucións emitidas modificando a orde que establecía a reserva de zonas exclusivas para a explotación do percebe.

A concentración, baixo o lema ‘Contra as chapuzas políticas no sector do mar’ busca amosar o rexeitamento ás decisións que semellan basearse en apoios políticos e non na situación real do sector que precisa da protección dos recursos e da xestión sustentable do medio mariño.

Apelan dende a Federqacion á solidariedade entre sectores posto que está a ser un ano malo para todos polo que deben axustar a produción ás circunstancias actuais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí