Agtamar Upta non descarta convocar paróns en Galicia para apoiar ao sector do mexillón

VILAGARCÍA> Agtamar Upta non descarta organizar paróns en Galicia para apoiar ao sector do mexillón. Dende o sindicato denuncian que se a xunta non retira o decreto, a comunidade autónoma perderá 70 millóns de euros, 5 mil postos de traballo e 2500 negocios. Tamén advirten que seguirán ao sector do mexillón en todas as súas reivindicacións.

O sindicato de autónomos Agtamar Upta sitúase ao lado do sector do mexillón en contra do decreto da xunta que limita a extración da mexilla. Dende a asociación advirten que se as bateas non reciben a cría que necesitan, as perdas serán catastróficas para toda Galicia.

Segundo o sindicato, a perda dos 70 millóns de euros non afectará só ao sector do mexillón, se non que a redacción en cadea suporá un drama para as vilas mariñeiras e terminará afectado a toda a comunidade.

Dende o sindicato creen que se en lugar de ser autónomos, os postos de traballo en perigo fosen dunha factoría ou empresa, todas as administracións se involucrarían.

Tanto o sindicato como o sector creen que a xunta está creando un problema onde non o hai e que bateeiros e percebeiros poderían continuar traballando nas mesmas zonas con total normalidade.

Dende o sindicato mostran todo o seu apoio ao sector e non descartan convocar paróns en Galicia se fose necesario.

Esta baixada de ingresos chega nun ano no que os custos de produción se incrementaron considerablemente, co que a perda de poder adquisitivo dos bateeiros serán aínda máis grande. Dende o sector sinalan que este é o último mes clave para recoller a mexilla que necesitan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí