Rueda encabeza o tradicional xantar do empresariado de Valga polo día de San Brais

VALGA> O empresariado de Valga celebrou o seu tradicional xantar de traballo polo día de San Brais. Ao acto asistiu o presidente da Xunta, acompañado pola Conselleira do Medio Rural e o alcalde do municipio. Alfonso Rueda salientou a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, poñendo como exemplo o caso do concello de Valga.

Co gallo do San Brais, o empresariado de Valga celebrou hoxe o seu tradicional xantar de confraternidade. Un encontro ao que asistiu o presidente da Xunta, acompañado da Conselleira do Medio Rural e o alcalde de Valga, entre outras autoridades.

Alfonso Rueda reflexionou sobre a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, e non só nas grandes cidades ou en determinadas áreas.

O xefe do executivo galego aproveitou o encontro para explicar algunha das medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar a iniciativa privada como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos, as novas figuras de aceleración de solo industrial ou a formación flexible e á carta para casar a oferta e a demanda de emprego.

 Na súa intervención, tamén agradeceu aos empresarios o seu compromiso por xerar riqueza e emprego no territorio e recordou a disposición da Xunta para escoitar as súas demandas e necesidades.